Mostrando entradas con la etiqueta O gaiteiro de Soutelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O gaiteiro de Soutelo. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de julio de 2007

O testamento do gaiteiro de Soutelo - (Avelino Cachafeiro Bugallo)


Meu abóo e meu pai gaiteiriños
e meus irmáns tamén,
alentando a Galicia nun fol,
ó vento que vai e non ven...
aledanos as festas do Apóstol.
No regazo de Rosalía,
cantaban os paxariños
o meu chorar de alegría
Alí bauticei a muiñeira
a que lle puxen de Chantada; Diante o altar de Rosalía
e carballos de Santa Susana.
Muiñeira, ti vas pra Chantada
e enfeitizas a pomba branquiña;
cando te toco na gaita
engaiolas a ialma miña.
e sinto e inteira Galicia
no meu corazón cautiva.
Cando saibas que morrín,
gaitiña miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalía...
que dorme no teu punteiro
cos seus dedos tapadiña.

Avelino Cachafeiro

jueves, 12 de julio de 2007

Airiños, airiños, aires - Avelino Cachafeiro (O gaiteiro de Soutelo)


Airiños, airiños, aires
quitadoiriños de penas,
os airiños de Bos Aires
irmáns dos da miña terra.
Si foran pedras os soños
dos que atravesan o mar,
o camiño da Galicia
sería ben bó de andar.
Arxentino que me escoitas,
o mellor d-esta canción
é que está feita na fala
en que falaba Colón.
Da miña terra che traio
as rosas de máis feitizo:
os pensamentos das nais
que aquí teñen os seos fillos.
Si hei morrer en terra allea
quero morrer na Arxentina
en onde sempre hai quen fale
na fala da terra miña.
O gaiteiro de Soutelo
no ronco da gaita leva
o berro de ¡Terra a nosa!
¡y-arde o eixo, carballeira!