Mostrando entradas con la etiqueta luscofusco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta luscofusco. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de julio de 2007

A miña Galicia

Nunca máis atoparei unha terra
tan verde, tan grande, tan pequena,
unha terra á que guía unha estrela,
unha terra, toda ela, de frescura chea,
¡é a miña Galicia queridiña!

Co son das súas gaitas esperta,
a miña terra, ao mar sempre aberta,
toda ela de fina choiva cuberta,
co ar do luscofusco retorna a súa morriña,
¡é a miña Galicia queridiña!

Ela é a terra que crece entre carballeiras,
refréscase cos ventos da mar súa,
que baila ao son das alegres muiñeiras,
e iluminada na noite pola branca lúa,
quen quita da súa terra a tristura,
a mágoa e sombra da pena súa.
Das noites eu quero a súa frescura,
do mar respirar o seu salgado ar
e ver na súa auga brillante e pura
o futuro do seu continuo camiñar,
sen pausa dentro da inmensidade
dun bravo mar en cada espertar.
Os teus barcos que sucan en soidade

cada mañá, a súa ruta o mar borrará
e regresarán volvendo á serenidade
polo camiño que as súas olas trazará.
Hoxe camiñei polo teu verde prado
co primeiro albor do teu mañá,
a túa paisaxe na miña mente está cravado.
Quen cos teus ollos atópase, Galicia,
non quererá marchar do teu lado,
porque coa túa luz verá a ledicia
dunha terra sempre pequena, sempre grande,
pero que che envolverá cunha caricia.

jueves, 5 de julio de 2007

Galicia

Unha terra viva, chea de cultura,
unha terra de recordos sempre chea.
¡Oh, Galicia! ¡Oh, ti, Galicia verde!
¡Oh, ti, miña soñada terra!

Soño cada noite co teu verde chan,
co teu ar e o son dos teus celtas.

O son do teu ar espértame cada mañá,
a voz das túas graciosas ondiñas,
que voltan pra ver a súa terra,
pra regresar á súa area e bicar,
bicar o seu histórico pobo,
¡ai, qué lonx’está a terra miña!

Escoit’o asubio dos teus eucaliptos,
xogueteando entre as súas copas
o trasno vento de cada mañanciña,
arrolando as súas verdes follas,
mentres qu’eu cos meus ollos...
vexo como en remuíños as sopra.

Na distancia ás túas gaitas escoito,
o son da túa terra escoito eu,
síntoo dende o meu corazón,
síntoo como un galego teu.
¡Galicia, que bonitiña ti es,
coa choiv’abalada no chan teu!

Eu quero remollar os meus pés nas túas rías,
durmir no teu bosque baixo unha branca lúa,
respirar xunto as túas carballeiras,
observar do teu luscofusco a última luz súa,
sentir na miña car’a matinal brisa mariñeira,
escoitar ó son das badaladas a noite escura...