Lenda Galega
Na noite de san Xoán, ó amanecer, e antes de que despunte o sol, aparece unha fermosa moza de longos cabelos negros coma o acibeche, os cales peitea con indolencia, sentada sobre unha rocha lambida polas augas da Lagoa. A moza está triste e pensativa. Leva moitos anos aparecendo no mesmo lugar, agardando que un mozo solteiro se arrisque a liberala do seu maleficio.
Hai xa bastante tempo, non preciado polo narrador, prestouse voluntariamente un arriscado mozo da aldea de Xares. Co fin de facerse rico desencadenando á fermosa moza, subiu á lagoa da Serpe na noite de san Xoán, coa finalidade de desencadenala. Entre a bela dama e o mozo ten lugar o seguinte diálogo:
Mira mozo: sei que es valente e arriscado e confío no teu valor para desencantarme. Eu ó saír o sol desaparecerei e convertireime de novo en serpe. Atravesarei de novo a lagoa e cando me achegue a ti deberás cuspirme na boca, que levarei aberta. Se o fas así tornarei a ser o que son agora e romperase o embruxo, e deste xeito non sufrirei.Mira muller: son home probado e non temo a nada. Se vin aquí é para que sexas sempre coma agora, romper o encantamento e casar contigo.Ese será o agasallo para quen logre superar o medode verme coma unha serpe, e igualmente serán del as enormes riquezas que atesouro e o reino que me pertenece.
Comenzou a saída do sol, e desapareceu a moza e apareceu unha xigantesca serpe que cos seus silvos facía tremoar ó "teso". O cal impresionou ó mozo que, pese ó seu valor, fuxiu despavorido, esquecendo as súas promesas.
Esta lenda está recollida por D. Eduardo Ávila Bustillo en 1965, segundo o relato dunha testemuña presencial dos feitos.
A lagoa da Serpe é de orixe glacial e atópase en terras da Veiga de Bolo (Ourense), no alto da Pena Trevinca.
A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que se che metes nela, arrastrarache cara ás profundidades. Xa houbo un caso dunha persoa arrastrada para dentro, pero non se sabe de ninguén que morrese por beber das súas augas porque ninguén atrévese a facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario