viernes, 7 de septiembre de 2007

Cantares de Erviñou e Muiñeira de Erviñou


CANTARES DE ERVIÑOU

Levaio nena, levaio,
levaio qu'é levadeiro,
levaio nena, levaio morena,
un cantar para Niveiro,
ai o cantar para Niveiro morena.
Ai la, la, la, la ai, la, la, la.


Axúdaime aquí, axuda,
axúdaime aquí, a minhe,
qu'eu non me podo axudare morena
dunha mazán que cominhe,
ai dunha mazán que cominhe morena.
Ai la, la...


Una niña de tierra de moros
ha venido a España con monedas de oro,
cada vez que la niña bailaba
las monedas de oro se le vueleaban.


Aquí vin, aquí chegueihe,
aquí me mandaron vire.
Aquí tes mi cuerpo niña
se lo quieres resevire.


Una niña de tierra de moros...


D'ónde son aquelas nenas
que beben naquela fonte.
Son do lughar de Arabexo,
que ven da leña do monte.


Una niña de tierra de moros...


MUIÑEIRA DE ERVIÑOU


Ai, canta corasón a lei,
non vivas apesarado
que o que non ten o mal feito
vive moi desenghañado.
Ai, ai la, la, la...


Ai, sei toca-la pandeireta
repenicada na mahe,
tamén sei pasa-lo millo
polo mes de san Xoanhe.
Ai, ai la, la, la...


Ai, canta que cadramos ben,
canta que cadramos benhe,
se a no-lo mundo marmura
a cobiza que nos tenhe.
Ai, ai la, la, la...


Ai, o pandeiro toca ben
porque as ferriñas son novas.
O mozo que anda no baile
toca ben as castañolas.
Ai, ai la, la, la...


Ai, esta vai polo remate,
esta vai polo remate,
oque digha que vai malo
que mala morte o mate.
Ai, ai la, la, la...

martes, 28 de agosto de 2007

¡Hasta siempre Antonio Puerta!


Antonio Puerta, ahí se nos va uno más de la generación del 84. Siempre estarás en el recuerdo de todos! :'(

¡Hola, Antonio!Aunque sé que nunca podrás leer este mensaje, pero todos los que te quieran lo puedrán hacer, quiero decirte que nunca se te olvidará. Te diré que te estoy escribiendo este mensaje con lágrimas entre los ojos. Ha sido mucho más que un duro golpe saber que ya no estarás entre nosotros, pero sí en el recuerdo. Perder a un joven luchador y aun corazón tan noble como el tuyo, no es simplemente una pérdida, es una tragedia.

Pero lo más triste de todo es no poder conocer un padre a su hijo. Ojalá el niño que tengáis, el pequeño Antonio Puerta, sea el futuro Antonio Puerta que pueda hacernos vibrar tanto como lo hiciste tú y tenga en su dorsal el mismo número que su padre, el 16.

Antonio, gracias a ti me has hecho saber lo bonito que puede llegar a ser el fútbol y también has hecho sentirme un sevillista más desde ahora. Todos los niños del 84 te hecharemos mucho de menos. Mi más sentido pésame a toda su familia y a su novia. Aunque resulte muy difícil decirlo: ¡animo para seguir adelante!


Una estrella deja de brillar
en la oscura noche sevillana,
se fue un joven de veintidós años,
se apaga una estrella plateada.

Esta noche no alumbrará
ninguna luz, ni lucero,
quedando el raso enlutado
con dolor y con lamento.

Huérfanos nos quedamos
por perder a un amigo,
por perder a un hermano,
siempre estaremos contigo.

Sale el sol por la mañana, por la mañana sale el sol.
Sale el sol por la mañana y por la noche salgo yoooo!!!
Vamos, vamos mi Sevilla, vamos, vamos campeón!!!
Vamos, vamos mi Sevilla, vamos, vamos cam-pe-ón!!!

Supongo y espero que todos los sevillistas deseen que nuestro estadio lleve el nombre de este gran futbolista, Antonio Puerta Pérez.

Hasta siempre nuestra "zurda de diamante".

miércoles, 15 de agosto de 2007

Sonetiño VII


Heiche d'amar, paxariño,

nas alas do curazón,
heiche d'amar, paxariño,
de día, de noite non.
2
Ven, pequeniño comigo,
déixate ver gurrión,
qu’estás oculto entr’o millo,
e vexas a luz do sol.
Venche ti, meu ben pequeno,
ven e non sexas tan trasno
que, pra min es meu neno.
Tan rápido com’un raio,
tan lixeiro com’o vento
que, por eiquí, está asubiando.

2 Canción popular galega

miércoles, 25 de julio de 2007

A noite incendiada


A noit’esperta en chamas,
o quente ardor do ar
devor’a terra galega,
comend’o seu verde chan.

A miña terra galega devorada
obsérvase dend’a mar,
as súas cinzas son arrastradas
ás augas da súa sal.

Ai, ti, a miña queridiña Galicia,
se as túas brasas apagar
puides’eu non dubidaría
chorar para podelas sufocar.

Todo foi culpa da man humana,
todo por non axudar...
Ai, ti, a miña querida Galicia,
se as túas brasas soubese apagar...

Miña terra verde soñada
coa choiva volv’espertar,
virán de novo as bolboretas

e os teus verdes prados renacerán.

Sonetiño VI


Moito teño que decirche,
moito teño que contar,
d’aquelas palabras tristes
que me fixeron chorar.
1
Dend’o día que me viches
non quixéchesme falar,
pois agora qu’estás, dime
que xa non me queres máis.
Ti mírame aos ollos
e dime que non me amas,
e que foise o amor noso.
Que tod’o que sentín, nada
foi nos nosos anos mozos,
cando contigo estaba.


1 Canción tradicional galega

Sonetiño V


De Galicia é seu ar,
de Galicia é seu son
ca, ao seu soar faiche amar
a dozura da súa voz,
ca, ao seu tocar faiche amar,
brilla máis có mesmo sol,
é fresca com’a mañá
e ela cant’a súa dor.
Baix’o meu brazo abalada,
está xa a miña pequena,
a quen cántolle unha nana
no punteiro desta nena
que apertada me canta,

ela é a gaita galega.

lunes, 16 de julio de 2007

ALBORADA - Cantares Gallegos - Rosalía de Castro


I
Vaite, noi-
te,-vai fuxin-
do.-Vente, auro-
ra,-vente abrin-
do.-Co teu ros-
tro-que, sorrin-
do,-¡¡¡á sombra espanta!!!

¡Canta!
Paxariño, can-
ta-de ponliña en pon-
la,-que o sol se levan-
ta- polo monte ver-
de,-polo verde mo-
te,- alegrando as her-
bas,- ¡alegrando as fon-
tes...!

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
¡Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxéu a noite.
Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura,
con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal!...
Señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
iste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.
II

Branca auro-
ra-ven chegan-
do-i ás porti-
ñas-vai chaman-
do-dos que dor-
men-esperan-
do-¡o teu folgor!...
Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños
cariñosa,
donde o sol
tamén suspende,
cando aló
no mar se tende,
de fogax
larada viva,
dempóis leve,
fuxitiva,
triste, vago
resprandor.

Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta porque o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado.

Que o gaiteiro,

ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está!...
¡Xa!...

Se espricando

que te esprica,
repinica,
repinica
na alborada
ben amada
das meniñas
cantadeiras,
bailadoras,
rebuldeiras;
das velliñas
alegriñas;
das que saben
ben ruar.

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atru-
xaremos, - cantaremos o ala... lá!!!
"A máis grande dificultade que achéi pra escribir esta alborada, foi o meu deseio de que saíse nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pro foi a custa da poesía; non podía ser de outro modo, cando se dá cum aire tan estraño e tan difícile da acomodarlle letra algunha." (Nota de Rosalía de Castro)

Rosalía de Castro

viernes, 13 de julio de 2007

O testamento do gaiteiro de Soutelo - (Avelino Cachafeiro Bugallo)


Meu abóo e meu pai gaiteiriños
e meus irmáns tamén,
alentando a Galicia nun fol,
ó vento que vai e non ven...
aledanos as festas do Apóstol.
No regazo de Rosalía,
cantaban os paxariños
o meu chorar de alegría
Alí bauticei a muiñeira
a que lle puxen de Chantada; Diante o altar de Rosalía
e carballos de Santa Susana.
Muiñeira, ti vas pra Chantada
e enfeitizas a pomba branquiña;
cando te toco na gaita
engaiolas a ialma miña.
e sinto e inteira Galicia
no meu corazón cautiva.
Cando saibas que morrín,
gaitiña miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalía...
que dorme no teu punteiro
cos seus dedos tapadiña.

Avelino Cachafeiro

jueves, 12 de julio de 2007

Airiños, airiños, aires - Avelino Cachafeiro (O gaiteiro de Soutelo)


Airiños, airiños, aires
quitadoiriños de penas,
os airiños de Bos Aires
irmáns dos da miña terra.
Si foran pedras os soños
dos que atravesan o mar,
o camiño da Galicia
sería ben bó de andar.
Arxentino que me escoitas,
o mellor d-esta canción
é que está feita na fala
en que falaba Colón.
Da miña terra che traio
as rosas de máis feitizo:
os pensamentos das nais
que aquí teñen os seos fillos.
Si hei morrer en terra allea
quero morrer na Arxentina
en onde sempre hai quen fale
na fala da terra miña.
O gaiteiro de Soutelo
no ronco da gaita leva
o berro de ¡Terra a nosa!
¡y-arde o eixo, carballeira!

Lagoa da Serpe

Lenda Galega

Na noite de san Xoán, ó amanecer, e antes de que despunte o sol, aparece unha fermosa moza de longos cabelos negros coma o acibeche, os cales peitea con indolencia, sentada sobre unha rocha lambida polas augas da Lagoa. A moza está triste e pensativa. Leva moitos anos aparecendo no mesmo lugar, agardando que un mozo solteiro se arrisque a liberala do seu maleficio.

Hai xa bastante tempo, non preciado polo narrador, prestouse voluntariamente un arriscado mozo da aldea de Xares. Co fin de facerse rico desencadenando á fermosa moza, subiu á lagoa da Serpe na noite de san Xoán, coa finalidade de desencadenala. Entre a bela dama e o mozo ten lugar o seguinte diálogo:

Mira mozo: sei que es valente e arriscado e confío no teu valor para desencantarme. Eu ó saír o sol desaparecerei e convertireime de novo en serpe. Atravesarei de novo a lagoa e cando me achegue a ti deberás cuspirme na boca, que levarei aberta. Se o fas así tornarei a ser o que son agora e romperase o embruxo, e deste xeito non sufrirei.

Mira muller: son home probado e non temo a nada. Se vin aquí é para que sexas sempre coma agora, romper o encantamento e casar contigo.

Ese será o agasallo para quen logre superar o medode verme coma unha serpe, e igualmente serán del as enormes riquezas que atesouro e o reino que me pertenece.
Comenzou a saída do sol, e desapareceu a moza e apareceu unha xigantesca serpe que cos seus silvos facía tremoar ó "teso". O cal impresionou ó mozo que, pese ó seu valor, fuxiu despavorido, esquecendo as súas promesas.

Esta lenda está recollida por D. Eduardo Ávila Bustillo en 1965, segundo o relato dunha testemuña presencial dos feitos.

A lagoa da Serpe é de orixe glacial e atópase en terras da Veiga de Bolo (Ourense), no alto da Pena Trevinca.

A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que se che metes nela, arrastrarache cara ás profundidades. Xa houbo un caso dunha persoa arrastrada para dentro, pero non se sabe de ninguén que morrese por beber das súas augas porque ninguén atrévese a facelo.

Quiroga, Lugo / Ribeira Sacra, Ourense


As labandeiras do río Sil
(Lenda galega)

Hai unha lenda que fala das profundas e misteriosas augas do río Sil, na Ribeira Sacra, provincia de Ourense, como un lugar de intrigantes covas e pasadizos, amores imposibles e seres mitolóxicos que moran as súas profundidades.Conta a lenda que a filla dun poderoso nobre de Quiroga gustaba de percorre-los montes dos arredores vestida con roupas vulgares, co obxecto de pasar inadvertida entre as xentes humildes.

Nunha tarde de outono atopou nun dos seus paseos un cazador mozo e lanzal, que viña de cazar un corzo coa súa bésta. A doncela, cuxa fermosura era, segundo se conta a "dunha fada", deuse a coñecer como pertencente ó castelo de Quiroga, mentres que o mancebo fíxoo como vasalo do señor de Osorio, de Castro Caldelas. Así e todo, a beleza de ámbolos dous mozos fixo que se namoraran nese mesmo instante o un do outro, acordando manter novos e apaixonados encontros.

Aqueles encontros tiñan lugar nas beiras do Sil e ó facérense frecuentes chegaron a coñecemento do poderoso pai da rapaza. Don Pedro de Quiroga, que así era como se chamaba este nobre, consideraba ós de Castro Caldelas os seus adversarios e indignos de pretenderen a súa filla, po-lo que lle prohibiu a esta que volvera a ver o mozo cazador.

Así e todo, os namorados atoparon axiña o xeito se veren, pois había un pasadizo que comunicaba o castelo de Quiroga cun túnel que pasaba por baixo do Sil e ía ata o castelo de Castro Caldelas. Sen embargo, o pai da doncela decatouse axiña do que acontecía e considerándoo unha aldraxe decidiu impor un castigo a ámbolos dous mozos.

Así pois, unha vez que os amantes penetraran dentro do pasadizo para correr un ós brazos do outro, o pai da doncela mandou ós seus homes pechar ámbalas dúas entradas do túnel cun gran número de rochas para que estas dificilmente puidesen ser outra vez abertas.

Deste xeito, ficaron, baixo das augas do Sil, os novos amantes para sempre...

Deles tamén conta a lenda que foron os proxenitores das lavandeiras, eses seres mitolóxicos que a crenza sitúa nas augas profundas deste río, e das que se cre lavan e pulen as pebidas de ouro que o Sil deposita no seu leito.

Extraída da seginte páxina Web:
Lendas de Galiza: As labandeiras do río Sil

lunes, 9 de julio de 2007

Festa en Quiroga

As primeiras notas festivas do abrente soaban arredor dos agros galegos próximos á rexión de Quiroga, bañada polo río que lle daba o mesmo nome á vila. coas primeiras badaladas da igrexa da Sta. María de Outeiro, á alba, daban os bos días ós viñedos e ós seus recolectores. Moitos deles, provenientes do pobo, pasaban polo Túnel de Montefurado para refrescarse nas xélidas augas do río e comenzar outro día de traballo. Os primeiros raios madrugadores empezaban a elevarse con timidez por enrriba das lobuladas montañas que o rodeaban. Mostrando moi lentamente os contrastes destas paraxes, dando vida ás avermelladas tezas da vila e sacando ós hórreos da empoada sombra nocturna que atopábase por alí.

Aquela mañá festeira espertou a moitos dos habitantes de Quiroga un mozo gaiteiro, acompañado doutro máis e da súa irmá á pandeireta, marcando o ritmo da música que soaba, ó son da alborada de Rosalía de Castro. De camiño ata a igrexa, ó paso por diante de cada unha das casas que forman o pobo. Facíanlles parar para darlles algo de comer, como mostra de agradecemento ou coma recoñecemento polo traballo que estaban a realizar dende as primeiras horas da mañá, e que prolongariase até máis tarde. Ó saír da misa celebrada en honra ó santo patrón do lugar na parroquia, como era de tradición, tocábanse as marchas procesionais do lugar.

Toda la gente, animada pola música, baixaban acompañándolles. Da súa man podianse escoitar foliadas, pasacorredoiras, muiñeiras, xotas, pasodobres, rumbas… E todos eles felices bailando na praza envotos nunha danza sen fin. Aquel novo gaiteiro, vestido de fino pano sedán e sombreiro, mantiña unha figura ergueita, cun sorriso sempre esbozado nas súas faccións, con certo aire de picardía. Tras el tódalas rapaciñas solteiriñas de la villa ían seguíndolle timidamente alí onde fóra.

Despois da comida, raso estelar ía enloitándose para chamar as voces de cantareiras e pandereteiras, como un reclamo ó acougo de todo o día, unía a tódolos mozos de alí para empezar o serán. Aproximábanse todas aquelas xuvenís gargantas para cantar os morriñentos alalás, as divertidas e movidas muiñeiras cantadas, os maneos, as ruadas, as pandeiradas... As gasgantas de todos eles íanse incorporando, ata os máis tímidos, ante a ledicia que espertaban as raparigas animábanse para formar parte do coro nesta festa nocturna...

Alí no alto daquel monte,
unha niña que fía hai,
se queredes coñecela
teredes que ir vós a vela.
Ai la, la, la, ...

Ó muíño non queiro ire,
porque Maruxa é celosa,
con Uxía hei de dormire
porque é moito máis hermosa.
Ai la, la, la, ...

Pobre de min a que caeu
cando soubo con quén dorminhe,
pobre de min a que caeu,
foi pouca a mazán que cominhe.
Ai la, la, la, ...

E así até có cansazo empezábase a notar e ós poucos todo íase recollendo baixo a celeste capa dunha enigmática noite estrelada.

Agradezo ó meu amigo gaiteiro, Xosé Lois Lago, a cesión dunha das súas fotografiás.

A Gaita Gallega

¡Oh!, ti, miña Galicia, terra verde,
acordas coas túas belas gaitiñas,
pra levantar a túa bela terra,
co teu son alegras ás rías
e a quen lonxe de ti s’atopa...
tráeslle os seus recordos e morriña.

¡Ai!, ti, miña soñada gaita galega.
¡Ai!, meu bon amigo gaiteiro, toca.
¡Ai!, que de ti me terei que despedir.
¡Toca, toca, meu amigo, unha xota!,
que a miña alma sen os mellores
amigos se desconsola e chora
cando un bon amigo vaise.
¡Ai!, gaitiña, quero sentir as túas ondas.

¡Ai!, amigo meu, odio as despedidas,
prefiro respirar a frescura da mañá,
lembrar a música das gaitiñas,
e sentir o son do galego ar,
e lembra que... as gaitas non choran,
sempre cantan ó son das ondas do mar.

Moitas grazas ó meu amigo David Rodríguez por pasarme esta imaxe.

sábado, 7 de julio de 2007

A miña Galicia

Nunca máis atoparei unha terra
tan verde, tan grande, tan pequena,
unha terra á que guía unha estrela,
unha terra, toda ela, de frescura chea,
¡é a miña Galicia queridiña!

Co son das súas gaitas esperta,
a miña terra, ao mar sempre aberta,
toda ela de fina choiva cuberta,
co ar do luscofusco retorna a súa morriña,
¡é a miña Galicia queridiña!

Ela é a terra que crece entre carballeiras,
refréscase cos ventos da mar súa,
que baila ao son das alegres muiñeiras,
e iluminada na noite pola branca lúa,
quen quita da súa terra a tristura,
a mágoa e sombra da pena súa.
Das noites eu quero a súa frescura,
do mar respirar o seu salgado ar
e ver na súa auga brillante e pura
o futuro do seu continuo camiñar,
sen pausa dentro da inmensidade
dun bravo mar en cada espertar.
Os teus barcos que sucan en soidade

cada mañá, a súa ruta o mar borrará
e regresarán volvendo á serenidade
polo camiño que as súas olas trazará.
Hoxe camiñei polo teu verde prado
co primeiro albor do teu mañá,
a túa paisaxe na miña mente está cravado.
Quen cos teus ollos atópase, Galicia,
non quererá marchar do teu lado,
porque coa túa luz verá a ledicia
dunha terra sempre pequena, sempre grande,
pero que che envolverá cunha caricia.

Sonetiño IV

Negras soan as campás,
negras com’a lúa á noite,
ó son do morto compás,
ó morrer a auga da fonte.
Negras soan ó queimar
todos nosos verdes bosques,
cando s’erguía a mañá,
pechand’os ollos das pontes.
Camiñando polas cinzas
xurdía quente po da terra
das bágoas que me caían
e a alma de dolor berra
coma unha besta ferida,
com’o fume soan, negras.

Sonetiño III

Camiño car’a ningures,
camiño có mar borrou,
camiño do que lonx'estou,
camiño car’a algures.
Camiño que lev’a ningures,
senda na que camiñou
e ós teus pobos chegou,
camiño que leva at'algures.
Camiño d’arco das mozas
que de cor ti sempre gozas,
de frores na túa ladeira,
de fresc'auga na túa beira,
e de vid’ao redor d’eira,
xogando coas miñas mozas.

Sonetiño II

Ventos da miña terriña,
cá fragrancia da mañá
sempre a traedes viva
respirando do teu ar.
Ventos das belas rías,
que vos levades o mal
nas túas redes tecidas
ao fondo do teu mar.
Ventos das miñas terras
coidade ó meu amigo
como cando alumeas
pola mañá ao teu Miño
coidádeo cando o vexas,
coidádeo ondas de Vigo.

viernes, 6 de julio de 2007

Sonetiño I

Salgueiros de Galicia,
qu’espertades chorando,
sinto as follas afogando
penas nun mar de ledicia.
Salgueiros de Galicia,
túas pólas van baixando
e ás augas van tocando
e o Lago cás caricia.
Xunto a ti retornarei,
xunto a ti eu bicarei
as túas verdes terriñas,
onde cántanche meniñas
coas súas mans branquiñas
¿cando che atoparei...?

jueves, 5 de julio de 2007

Os sonetiños

Os sonetiños son un novo xénero literario que xurdiron da idea, de crear sonetos pero con arte menor, é dicir, versos oitasílabos. Xa había anos cá idea a tiña, pero a estructura destes non fixeina até hai pouco tempo . A diferencia entre os sonetos e os sonetiños é que pódense escribir con rima asonante ou consonante, variando o esquema métrico. Iso si, mantéñense os catorce versos de rigor, do mesmo xeito que nos sonetos.

Estructura dos sonetiños

Como diciase antes existían os sonetiños con rima asonantes e logo os de rima consonante.
Os sonetiños asonante están formados por dous cuartetas e dous tercetas (asonantes), é dicir, quedaría unha rima da seguinte maneira:
  • a, b, b, a (primeira cuarteta)
  • a, b, b, a (segunda cuarteta)
  • c, d, c (primeira terceta asonante)
  • d, c, d (segunda terceta asonante)

E os sonetiños consonante estarían compostos polas dúas redondiñas e dúas tercetas (consonantes), e quedaría unha rima do seguinte xeito:

  • a, b, a, b (primeira cuarteta)
  • a, b, a, b (segunda cuarteta)
  • c, c, d (primeira terceta consonante)
  • d, d, c (segunda terceta consonante)

Galicia

Unha terra viva, chea de cultura,
unha terra de recordos sempre chea.
¡Oh, Galicia! ¡Oh, ti, Galicia verde!
¡Oh, ti, miña soñada terra!

Soño cada noite co teu verde chan,
co teu ar e o son dos teus celtas.

O son do teu ar espértame cada mañá,
a voz das túas graciosas ondiñas,
que voltan pra ver a súa terra,
pra regresar á súa area e bicar,
bicar o seu histórico pobo,
¡ai, qué lonx’está a terra miña!

Escoit’o asubio dos teus eucaliptos,
xogueteando entre as súas copas
o trasno vento de cada mañanciña,
arrolando as súas verdes follas,
mentres qu’eu cos meus ollos...
vexo como en remuíños as sopra.

Na distancia ás túas gaitas escoito,
o son da túa terra escoito eu,
síntoo dende o meu corazón,
síntoo como un galego teu.
¡Galicia, que bonitiña ti es,
coa choiv’abalada no chan teu!

Eu quero remollar os meus pés nas túas rías,
durmir no teu bosque baixo unha branca lúa,
respirar xunto as túas carballeiras,
observar do teu luscofusco a última luz súa,
sentir na miña car’a matinal brisa mariñeira,
escoitar ó son das badaladas a noite escura...