As primeiras notas festivas do abrente soaban arredor dos agros galegos próximos á rexión de Quiroga, bañada polo río que lle daba o mesmo nome á vila. coas primeiras badaladas da igrexa da Sta. María de Outeiro, á alba, daban os bos días ós viñedos e ós seus recolectores. Moitos deles, provenientes do pobo, pasaban polo Túnel de Montefurado para refrescarse nas xélidas augas do río e comenzar outro día de traballo. Os primeiros raios madrugadores empezaban a elevarse con timidez por enrriba das lobuladas montañas que o rodeaban. Mostrando moi lentamente os contrastes destas paraxes, dando vida ás avermelladas tezas da vila e sacando ós hórreos da empoada sombra nocturna que atopábase por alí.
Aquela mañá festeira espertou a moitos dos habitantes de Quiroga un mozo gaiteiro, acompañado doutro máis e da súa irmá á pandeireta, marcando o ritmo da música que soaba, ó son da alborada de Rosalía de Castro. De camiño ata a igrexa, ó paso por diante de cada unha das casas que forman o pobo. Facíanlles parar para darlles algo de comer, como mostra de agradecemento ou coma recoñecemento polo traballo que estaban a realizar dende as primeiras horas da mañá, e que prolongariase até máis tarde. Ó saír da misa celebrada en honra ó santo patrón do lugar na parroquia, como era de tradición, tocábanse as marchas procesionais do lugar.
Toda la gente, animada pola música, baixaban acompañándolles. Da súa man podianse escoitar foliadas, pasacorredoiras, muiñeiras, xotas, pasodobres, rumbas… E todos eles felices bailando na praza envotos nunha danza sen fin. Aquel novo gaiteiro, vestido de fino pano sedán e sombreiro, mantiña unha figura ergueita, cun sorriso sempre esbozado nas súas faccións, con certo aire de picardía. Tras el tódalas rapaciñas solteiriñas de la villa ían seguíndolle timidamente alí onde fóra.
Despois da comida, raso estelar ía enloitándose para chamar as voces de cantareiras e pandereteiras, como un reclamo ó acougo de todo o día, unía a tódolos mozos de alí para empezar o serán. Aproximábanse todas aquelas xuvenís gargantas para cantar os morriñentos alalás, as divertidas e movidas muiñeiras cantadas, os maneos, as ruadas, as pandeiradas... As gasgantas de todos eles íanse incorporando, ata os máis tímidos, ante a ledicia que espertaban as raparigas animábanse para formar parte do coro nesta festa nocturna...
Alí no alto daquel monte,
unha niña que fía hai,
se queredes coñecela
teredes que ir vós a vela.
Ai la, la, la, ...
Ó muíño non queiro ire,
porque Maruxa é celosa,
con Uxía hei de dormire
porque é moito máis hermosa.
Ai la, la, la, ...
Pobre de min a que caeu
cando soubo con quén dorminhe,
pobre de min a que caeu,
foi pouca a mazán que cominhe.
Ai la, la, la, ...
E así até có cansazo empezábase a notar e ós poucos todo íase recollendo baixo a celeste capa dunha enigmática noite estrelada.
Agradezo ó meu amigo gaiteiro, Xosé Lois Lago, a cesión dunha das súas fotografiás.