Mira aquela rapaciña
qué ben toc'a súa ghaita,
mira ben cás miudiñas
teñen todas mala ghaita.
Tódalas rubias qu'eu coñezo
non teñen persoalidade,
mais están aparvadiñas
e nunca saben callar-he.
"Os recunchos da fala galega" é unha páxina Web onde pódense atopar poesías propias e tamén a partir da lírica tradicional galega, escritos que fixen e xurdiron da paixón pola cultura galega, das súas paisaxes...
A regueifa é un bolo de pan, propio das vodas, feito con fariña triga, ovos, manteiga, azucre e moi ben adornado de lambetadas, que podía ser disputado de dúas maneiras: improvisando cantigas de porfía ou bailando unha muiñeira de puntos moi difíciles e artísticos. A regueifa era entregada pola noiva á persoa vencedora na disputa e esta quedaba encargada de repartila entre as solteiras e solteiros asistentes. Ás persoas participantes no xogo chámaselles regueifeiras ou regueifeiros e esta forma acabou por ser utilizada para denominar a todos aqueles que, con bolo ou sen el, nunha voda ou en calquera outra circunstancia, compiten coa palabra para demostra-la súa agudeza e capacidade de improvisación. Hoxe en día, as regueifas coñécense por ser unha cantiga entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado.
A Bergantiños atribúeselle, case por excelencia, ser o berce dos mellores regueifeiros de Galicia. O Atrevido de Grixoa, Calviño de Tallo, Costa de Xaviña ou Carlos O Xestal foron alguns dos nosos máis destacados embaixadores. Neste momento, a comarca reduce os seus mellores activos a catro: Suso de Xornes, Fermín da Feira Nova, Antonio de Xornes e Guillermo da Rabadeira. Eles manteñen viva, polo momento, á regueifa. Pero, só iso, de momento, xa que trátase dunha arte que, de non tomalas medidas adecuadas para evitalo, extinguirase irremediabelmente. Superando dous deles a sétima década de vida e roldando os outros dous a quinta, coinciden en sinalar a falta de apego cós máis novos mostran cara a esta arte ou, polo menos, as súas escasas prácticas. «Parece que isto gusta máis fóra que dentro da nosa terra», é un sentir común da maioría dos que tiveron entre os seus breixos estes versos cargados de retranca gallega.
CANTARES DE ERVIÑOU Levaio nena, levaio,
levaio qu'é levadeiro,
levaio nena, levaio morena,
un cantar para Niveiro,
ai o cantar para Niveiro morena.
Ai la, la, la, la ai, la, la, la.
Axúdaime aquí, axuda,
axúdaime aquí, a minhe,
qu'eu non me podo axudare morena
dunha mazán que cominhe,
ai dunha mazán que cominhe morena.
Ai la, la...
Una niña de tierra de moros
ha venido a España con monedas de oro,
cada vez que la niña bailaba
las monedas de oro se le vueleaban.
Aquí vin, aquí chegueihe,
aquí me mandaron vire.
Aquí tes mi cuerpo niña
se lo quieres resevire.
Una niña de tierra de moros...
D'ónde son aquelas nenas
que beben naquela fonte.
Son do lughar de Arabexo,
que ven da leña do monte.
Una niña de tierra de moros...
Ai, canta corasón a lei,
non vivas apesarado
que o que non ten o mal feito
vive moi desenghañado.
Ai, ai la, la, la...
Ai, sei toca-la pandeireta
repenicada na mahe,
tamén sei pasa-lo millo
polo mes de san Xoanhe.
Ai, ai la, la, la...
Ai, canta que cadramos ben,
canta que cadramos benhe,
se a no-lo mundo marmura
a cobiza que nos tenhe.
Ai, ai la, la, la...
Ai, o pandeiro toca ben
porque as ferriñas son novas.
O mozo que anda no baile
toca ben as castañolas.
Ai, ai la, la, la...
Ai, esta vai polo remate,
esta vai polo remate,
oque digha que vai malo
que mala morte o mate.
Ai, ai la, la, la...




De Galicia é seu ar,
Vaite, noi- Rosalía de Castro
Airiños, airiños, aires
Na noite de san Xoán, ó amanecer, e antes de que despunte o sol, aparece unha fermosa moza de longos cabelos negros coma o acibeche, os cales peitea con indolencia, sentada sobre unha rocha lambida polas augas da Lagoa. A moza está triste e pensativa. Leva moitos anos aparecendo no mesmo lugar, agardando que un mozo solteiro se arrisque a liberala do seu maleficio. Mira mozo: sei que es valente e arriscado e confío no teu valor para desencantarme. Eu ó saír o sol desaparecerei e convertireime de novo en serpe. Atravesarei de novo a lagoa e cando me achegue a ti deberás cuspirme na boca, que levarei aberta. Se o fas así tornarei a ser o que son agora e romperase o embruxo, e deste xeito non sufrirei.Mira muller: son home probado e non temo a nada. Se vin aquí é para que sexas sempre coma agora, romper o encantamento e casar contigo.Ese será o agasallo para quen logre superar o medode verme coma unha serpe, e igualmente serán del as enormes riquezas que atesouro e o reino que me pertenece.
Toda la gente, animada pola música, baixaban acompañándolles. Da súa man podianse escoitar foliadas, pasacorredoiras, muiñeiras, xotas, pasodobres, rumbas… E todos eles felices bailando na praza envotos nunha danza sen fin. Aquel novo gaiteiro, vestido de fino pano sedán e sombreiro, mantiña unha figura ergueita, cun sorriso sempre esbozado nas súas faccións, con certo aire de picardía. Tras el tódalas rapaciñas solteiriñas de la villa ían seguíndolle timidamente alí onde fóra.
Nunca máis atoparei unha terra
E os sonetiños consonante estarían compostos polas dúas redondiñas e dúas tercetas (consonantes), e quedaría unha rima do seguinte xeito:
Unha terra viva, chea de cultura,